IGREXA PARROQUIAL DE SAN MARTIÑO DE PANTÓN

Relixioso
1162
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Pantón (San Martiño)

Lugar: Pantón de Abaixo

27438  Pantón - Lugo

Coordenadas:
42º 30' 51.0" N - 7º 36' 54.0" W

Descrición

Construída na última década do s. XVIII. Ten unha nave de planta rectangular con muros de cadeirado granítico. A fachada ten unha porta con lintel decorado por unha cruz dominicana, ampla ventá con marco en resalte, o mesmo que a porta, pequenas pilastras laterais e cornixas molduradas. Sancristía pegada á cabeceira. Espadana de dous vans. Ten retablos, de estilo neoclásico, con esculturas no seu interior.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a N-546 en dirección a Monforte. Pasado o mosteiro cisterciense de Ferreira, un desvío a esquerda á LU-P-4106 nos leva a esta igrexa que esta a 700 metros. 

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba