PAZO DE SAN RAMÓN EN TOURÓN

Civil
1498

Localización

Parroquia: Tourón (Santa María)

Lugar: Tourón 117

36828  Ponte Caldelas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 24' 14.7" N - 8º 31' 53.7" W

Descrición

Pazo privado, cuxa fábrica orixinal, da idade Moderna SXVI-XVIII está moi remodelado, construido en cantaría granítica de boa factura e planta rectangular, está constituído por varias edificacións que se dispoñen en forma de U ao redor dun patio interior que aínda se conserva. O longo do tempo, o pazo sufriu diferentes modificacións e engadidos. 
Actualmente atopase nun proceso de rehabilitación despois de ser pasto do lume nos incendios do ano 2006. 
Destaca a fachada de acceso, que ten sobre un portalón, unha peza labrada onde posiblemente estaba colocado un escudo que se trasladou a unha fachada lateral do edificio. Este pazo foi residencia de comisarios da inquisición. 
A inicios do século XIX, durante o curto período de tempo que Tourón foi concello independente, o pazo de San Ramón albergou o edificio do Concello.
Tamén conta cun Pombal, varios cruceiros e unha capela realizada nos anos 80 do século pasado cando o edificio sufriu unha nova remodelación.
Arriba