PAZO PALACIO DE QUITO

Civil
1477
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Padrón (Santiago)

Lugar: Padrón

15900  Padrón - A Coruña

Coordenadas:
42º 44' 22.0" N - 8º 39' 38.0" W

Descrición

É un pazo privado.
O pazo do bispo Quito -chamado Alonso de la Peña e Montenegro-, é unha edificación que segue a liña das clásicas casas urbanas da Galicia do século XVII. É un fermoso exemplar aportalado de planta rectangular e unha altura, inmerso na armazón urbana, que porta nos seus muros dous escudo de armas que se intercalan nas ventás dispostas sobre as arcadas.
O seu dono naceu en Padrón en 1596 e morreu en Perú en 1688. Foi cóengo en Santiago e catedrático de teoloxía e reitor da Universidade. Felipe IV presentouno ao bispado de Quito, onde fixo dondativos, estableceu fundacións e escribiu algún libro.

Acceso

A vila de Padrón está ben comunicada co norte e sur de Galicia. Conecta con Santiago, A Coruña, Pontevedra e Vigo a través de a N-550 e a autoestrada a-9. Co resto das cidades galegas, a través de estradas locais en bo estado.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba