PAZO DE RASAMONTES

Civil
1070

Localización

Parroquia: Espasante (San Xoán)

Lugar: O Plantío

15339  Ortigueira - A Coruña

Coordenadas:
43º 42' 39.9" N - 7º 47' 36.9" W

Descrición

Propiedade privada non visitable.
Sinxela construción adaptada ao forte desnivel do terreo, presentando unha altura cara a fronte principal e dúas cara a parte posterior. Presenta unha planta rectangular, muros de pedra e lousa na cuberta, con patio interior porticado á semellanza dun claustro monacal. Unha das súas fachadas exteriores ten ventás con frontóns coroados de estilo neoclásico.
Cabe destacar os bancos que flanquean a entrada principal da vivenda, situados un fronte do outro a xeito de "parladoiros" dos castelos.
Cronoloxía: século XVIII.

Acceso

Estrada AC-862 (Ferrol- Viveiro), saíndo do casco urbán de Ortigueira en dirección Viveiro continuamos 6.5 km, deixando atrás o o desvío Porto de Espasante. Tomamos o cruce á dereita seguindo a sinalización Lugar O Plantío ou Apartamentos turísticos O Plantío. A uns 70 m chegamos ó noso destino.
Arriba