PAZO DE SOBRÁN

Civil
1774
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Sobrán (San Martiño)

Lugar: Vilaxoán

Avenida de Cambados 163

36611  Vilagarcía de Arousa - Pontevedra

Coordenadas:
42º 35' 08.9" N - 8º 47' 12.7" W

Descrición

Pola doazón que en 1496 realiza Xoán Mariño de Sotomayor a un sobriño neto, temos noticias da construción deste pazo sobre unha antiga torre medieval, presumiblemente ameada e cuberta de tella, como moitas das que se dispoñían ao longo da costa arousá. Sufriu a súa destrución no último terzo do século XV a mans da Santa Irmandade, a segunda das revoltas irmandiñas.

Así pois, a finais do século XV, a torre de Sobrán non era máis que unha ruína. Con todo, a principios do século XVI Suero Gómez de Sotomayor, irmán do fundador de Vilaxoán, Xoán Mariño, decidiu construír un pazo, que é o que hoxe podemos contemplar na visita a Vilaxoán. Segundo o testemuño de Vasco de Aponte, para a construción do pazo utilizáronse as pedras do derrubado mosteiro de Cálogo, en Vilanova, do que na actualidade só se conserva a torre do campanario, símbolo do municipio veciño.

O pazo de Sobrán adquiriu entón as súas actuais características: unha gran casa flanqueada por dúas torres con dependencias que se proxectan cara atrás, ao redor dun patio, formando a característica “U” que define a tantos pazos galegos. Os baixos do pazo alberga un restaurante: O Lagar. No patio pódese ver o hórreo e a estrutura en forma de “U”.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba