PAZO DA TOUZA

Civil
336

Localización

Parroquia: Navío (San Fiz)

Lugar: A Touza

32455  San Amaro - Ourense

Coordenadas:
42º 22' 32.4" N - 8º 05' 01.1" W

Descrición

Pazo do século XVII, bo exemplo de arquitectura civil barroca, con planta en “U” e as coxías laterais de distinta lonxitude. É de salientar a torre de sección cadrada no extremo da coxía máis longa e unha cheminea monumental de dous corpos, pertencente á cociña. Unha espléndida solaina cuberta á altura do piso principal recorre todo o patio. Tamén ten un pombal de pedra. Actualmente non está habitado, aínda que alberga as instalacións do “campo de golf pazo da Touza”. 
Arriba