PAZO DOS BOÁN

Civil
170
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Santo Domingo 6

32003  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 15.9" N - 7º 51' 47.0" W

Descrición

Magnífico palacio que construíu nos comezos do seiscentos un dos maiores fabuladores locais, don Pedro Fernández de Boán y Landecho, gastando os cartos logrados polo seu tío don Juan, que fora cargo importante na Audiencia de Lima e incluso, temporalmente, vicerrei, e promotor do que hoxe se coñece como o Pazo de San Damián en Amoeiro. Ten catro escudos na parte superior do segundo piso, baixo o balcón corrido, onde campan as armas dos Boán e os Landecho.

Acceso

Na zona monumental da cidade de Ourense.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba