PRAZA EIRONCIÑO DOS CABALEIROS

Civil
1285
No Camiño de Santiago

Localización

Praza Eironciño dos Cabaleiros

32005  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 14.5" N - 7º 51' 50.4" W

Descrición

A recollida Praza do Cid, máis coñecida como Eironciño dos Cabaleiros, viría ser -como o seu nome indica- parte do barrio aristocrático de Ourense, aínda que deste apenas quedan vestixios. Hoxe, coas súas animadas terrazas, é unha das esquinas privilexiadas da zona gastronómica dos Viños. Destaca aquí a coñecida como Casa de María Andrea, co seu balcón de madeira do século XVI. O que foi Pazo dos Armada é coñecido polo nome da serventa do cóengo Guntín, quen lla cedeu en herdanza polo seu comportamento ante os franceses tras a súa invasión a inicios do século XIX. Na esquina oposta atopábase o local outrora bautizado «O Volter», lugar de encontro da intelectualidade galega de mediados do s.XX é en particular do grupo coñecido como Os Artistiñas (Virxilio, Quessada, Jose Luís de Dios González, Acisclo Manzano, Buciños, Prego de Oliver, e Alexandro, entre outros). Nun lateral destaca tamén un cruceiro moderno (1975).

Acceso

Na zona monumental da cidade de Ourense.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba