CASA DOS ROMERO

Civil
983

Localización

Parroquia: Canduas (San Martiño)

Lugar: Canduas

15116  Cabana de Bergantiños - A Coruña

Coordenadas:
43º 12' 57.9" N - 8º 57' 25.9" W

Descrición

De planta rectangular e traballada cornixa de pedra. Son dous edificios que comparten medianeira. O de arriba, habitado, posúe un escudo oval encadrado por sillares; as divisas dos parentescos da familia son dos Moscoso, Rofríguez de Arijón, Caamaño e Pardiñas Vilardefrancos. O de abaixo, cunha data no lintel da porta “1660” é usado hoxe como corte.
Preto érguese o cruceiro “de la Casa de los Romero”, como reza ó seu pé. A carón del, outra casa grande a dos Collazo,  ten a inscripción “1887” nunha orla polilobulada.

Acceso

Desde Ponteceso collemos a AC-429 hacia Laxe. Deixamos á esquerda o desvío da AC-430 cara Baio e a 500 m. desviamos á esquerda ata a igrexa e o centro de Canduas onde se atopa o cruceiro dos Romero preto da casa.
Arriba