PAZO DA CASANOVA

Civil
1221

Localización

Parroquia: Nantón (San Pedro)

Lugar: A Ameixenda

15149  Cabana de Bergantiños - A Coruña

Coordenadas:
43º 09' 36.0" N - 8º 51' 56.9" W

Descrición

Pazo de estilo barroco, construído no século XVII con fábrica pétrea de granito. Presenta unha planta en forma de "U", disposta en dúas alturas. Na baixa dispóñense as cortes no centro e os fornos e a lareira nos laterais. Ten unha escaleira exterior de dous tramos, realizada en pedra, cun petril macizo, que dá a un patín cuberto. Na fachada posterior atopamos un arco tapiado. Na alta sobresae un balcón, que dá a un pombal de planta cadrada pegado á fachada. Conta con dependencias utilitarias anexas, como un lavadoiro e un muíño de auga. O conxunto áchase rodeado por unha muralla. No portalón de entrada pódense observar dous brasóns: o dos Pardiñas e Vilardefrancos e o dos Rodríguez, Arijón, Romero, Figueroa, Moscoso e Caamaño.

Acceso

Na autovía AG-55 coller a saída 53 (A Pedra-Nantón), continuando pola C-552, desviarse na Ameixenda ata a igrexa parroquial.
Arriba