FARO DE LAXE

Civil
2678

Localización

Parroquia: Laxe (Santa María)

15117  Laxe - A Coruña

Coordenadas:
43º 13' 56.1" N - 9º 00' 40.0" W

Descrición

O Faro de Laxe é unha construción de 11 metros de altura, cuberto de azulexo branco, atópase na punta Insua do cabo Laxe, sobre un outeiro duns 50 metros sobre o nivel do mar, que defende a vila e o porto dos ventos dominantes, nun espazo natural privilexiado.
Construído en 1920, desde 1996 conta coa súa actual instalación de luz branca incandescente eléctrica que marca cinco destellos en 20 segundos e ten un alcance de 22 millas.

Desde este lugar pódese contemplar unha das panorámicas máis amplas da Costa da Morte, pois abrangue desde o Roncudo ata Punto Boi en Camariñas (Faro do Roncudo, Corme, Monte Branco, desembocadura do Río Anllóns, Laxe, Praia de Soesto, Praia de Traba, Sabadelle, Camelle, Arou).

Acceso

Desde a Vila de Laxe recomendase a entrada no porto, e pasada a lonxa, coller un desvío á altura do Hostal Bahía, ata a Rúa Camiño de Besugueira. Desde alí seguir as indicacións dos sinais.
Arriba