PAZO DO SOUTO

Civil
1128

Localización

Parroquia: Mera de Abaixo (Santiago)

Lugar: A Ponte de Mera

15349  Ortigueira - A Coruña

Coordenadas:
43º 39' 52.9" N - 7º 54' 15.0" W

Descrición

Propiedade privada non visitable.
Planta principal rectangular en forma de L, con tellado a catro augas. Construción de planta baixa, primeiro piso e sobrecuberta. A entrada principal enmarcada con dúas columnas de estilo clásico e sobre elas un balcón con varanda de ferro.
Completan o conxunto as caballerizas, a capela, o hórreo, un lavadoiro, un forno, dous pombais, o xardín e horta.
O acceso á finca realízase a través dun portalón sobre o que se sitúa o escudo de armas das familias que ocuparon o pazo.

Acceso

Estrada AC-862 (Ferrol-Viveiro), saíndo do casco urbano de Ortigueira en dirección Ferrol continuamos esta estrada 8 km ata chegar a Ponte Mera. Tomamos o desvío á esquerda dirección O Souto e continuamos 600 m ata as inmediacións do pazo.
Arriba