PAZO DE GONTADE

Civil
1102

Localización

Parroquia: Ardaña (Santa María)

Lugar: Gontade

15109  Carballo - A Coruña

Coordenadas:
43º 10' 39.0" N - 8º 41' 28.6" W

Descrición

O pazo de Gontade é o máis antigo dos pazos de Carballo e está emprazado no lugar do mesmo nome, na parroquia de Ardaña, nunha finca pechada de 90 ferrados. O pazo ten orixe no vínculo (suxeición dos bens con prohibición de allealos) fundado en 1596 polo matrimonio formado por Rodrigo de Breixo e Catalina Rodríguez de Leis. Dos Breixo, a familia á que pertencía o pazo, eran tamén boa parte dos terreos do fértil val de Ardaña. Fíxate no escudo da súa fachada e mais no reloxo de sol do seu muro. No escudo verás representadas a varias familias da zona: os Aldao (coas flores de lirio), Leis (piñeiro e lanzas), Pardiñas (castelo con torre de homenaxe) e Castro (seis roeles, pezas circulares propias dos escudos de armas). A cruz coa flor de lis, na base do escudo, alude aos Santos Oficios.
O pazo, que foi pasando de xeración en xeración, é hoxe en día unha casa de labranza e aínda está habitada.

Acceso

Desde o centro urbano de Carballo, debe dirixirse á DP-1914 e percorrer tres quilómetros. Logo, é necesario coller o desvío á esquerda cara o lugar de Gontade, situado a menos dun quilómetro.
Arriba