Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: GRAN PREMIO DE CARRILANAS DE ESTEIRO&body=Recoméndoche que leas a información GRAN PREMIO DE CARRILANAS DE ESTEIRO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/fi-co-000007/gran-premio-de-carrilanas-de-esteiro?ctre=257%26langId=gl_ES%26tp=97
O Gran Prix de Carrilanas de Esteiro fusiona a tradición coa velocidade, a cultura co ocio, a artesanía co espectáculo. Trátase da auténtica Fórmula 1 Galega.
A carrilana pasou de ser o xoguete tradicional da posguerra a converterse nun bólido de madeira único no mundo, para nenos e maiores pero sempre de madeira. A tradición dos artesáns esteiráns, levou ao pobo de Esteiro desde o ano 1988 a coidar con mimo e ilusión estas obras de arte sen motor, que percorren os 3 km do circuíto Ramiro García “Gerente” na costa do Maio para o desfrute das 30.000 persoas que cada terceiro domingo de xullo visitan Esteiro.
Unha alternativa de ocio singular, enmarcada nunha contorna marítima de tranquilas praias (con zonas de acampada gratuítas) e zonas verdes perfectamente integradas nos espazos do evento.
Exposicións, música, gastronomía, espazos infantís, zonas de acampada...ademais de outras actividades que configuran unha programación para todos os públicos como o Festival das Carrilanas e o Proxecto Sentir a Carrilana para nenas e nenos con discapacidade visual. Un evento sen ánimo de lucro e de acceso gratuíto á toda a súa programación, que só pretende amosar e compartir co mundo a os valores da carrilana como motor cultural, social e económico da vila de Esteiro.
Destacado:
Á parte desta competición única no mundo de bólidos de madeira pódese visitar o Museo das Carrilanas.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.