Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: ROMARÍA DA FRAGA&body=Recoméndoche que leas a información ROMARÍA DA FRAGA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/fi-co-000009/romaria-da-fraga?ctre=261%26langId=gl_ES%26tp=97
As Fragas do Eume ben merecen unha visita en calquera época do ano pola beleza das paisaxes que traza o río encaixado entre frondosas e empinadas ladeiras. Para moitos especialistas, trátase do único exemplo de bosque atlántico que permanece en Europa e contan que o mesmo Lord Byron ficou namorado da paisaxe ao coñecer o lugar no que os monxes beneditinos instalaron o mosteiro de Caaveiro.
Mentres Galicia celebra o seu día grande e Compostela as súas festas do Apóstolo, os días 24 e 25 de xullo son para os veciños das Pontes e para os centos de visitantes que alí acoden dúas xornadas de troula ininterrompida, por moito que algúns queiran dicir que son quen de durmir nas cabanas que constrúen nas beiras do río, na Carballeira de Dona Rita.
A Romaría da Fraga comezou a celebrarse a principios do século XX nunha illa do Eume, polo que entón era coñecida como Romaría da Insua. Hoxe a illa xa non existe, e a festa ten lugar no devandito parque da Carballeira de Dona Rita, na entrada da vila. Ademais das celebracións relixiosas, na noite do día 24 celébrase un festival folk.
Destacado:
As casetas de madeira que constrúen os romeiros nas beiras do Eume na Carballeira de Dona Rita.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.