Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FESTA DO GALO PIÑEIRO E MOSTRA CABALAR&body=Recoméndoche que leas a información FESTA DO GALO PIÑEIRO E MOSTRA CABALAR extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/fi-co-000026/festa-do-galo-pineiro-e-mostra-cabalar?ctre=261%26langId=gl_ES%26tp=97
Todos os que se acheguen ao concello do Pino a primeira fin de semana de agosto atoparanse con tres festas nunha soa. É a Festa do Galo piñeiro, coa que se pretende recuperar e pór en valor esta especie orixinaria do Pino, mais inclúe unha Mostra cabalar e, nas súas últimas edicións, unha Festa Celta coa finalidade de ambientar as rúas naquela civilización que introduciu o galo piñeiro en Galicia.
Máis de 15.000 persoas gozan do ambiente festivo que inunda a parroquia de Arca, tomada polos tradicionais postos de venda de artesanía e produtos gastronómicos da terra. Tomada tamén por personaxes ataviados de antigos celtas, uns batallando, outros dedicados á música... e, ademais, demostracións de oficios e obradoiros de pezas de artesanía de todo tipo.
Un dos maiores atractivos da xornada do domingo é o concurso-exposición de fermosos exemplares de galos piñeiros, unha especie moi pouco estendida, con premios para as mellores parellas. Pero a admiración dos galos vivos non queda aí, senón que o público ten a oportunidade de degustar gratuitamente a súa carne e de participar despois dunha comida popular co galo piñeiro como prato principal.
A festa non decae e, pola tarde, ten lugar unha mostra cabalar, con exhibicións e premios e diversos espectáculos ecuestres.
Destacado:
Exposición e concurso de galos piñeiros
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.