Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FEIRA DE SANTOS&body=Recoméndoche que leas a información FEIRA DE SANTOS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/fi-lu-000023/feira-de-santos?ctre=261%26langId=gl_ES%26tp=97
Monterroso - Lugo
Considerada a Feira das Feiras en Galicia, a súa orixe remóntase á Idade Media, vinculada a un imposto sobre o sal cobrado na contorna da vila. Tradición e autenticidade son dúas calidades que se poden aplicar á feira que por Santos se celebra en Monterroso, na comarca da Ulloa, no centro xeográfico de Galicia e cruzamento de camiños de arrieiros que comunicaban a costa galega con Castela.
Polo menos, este mercado agrícola e gandeiro funciona desde 1450, data da que se teñen probas documentais, aínda que as últimas investigacións apuntan a que a feira pode ter unha antigüidade de 800 anos.
Alén da feira cabalar, Monterroso é o gran mercado dos produtos de tempada: queixos, castañas, mel, produtos cárnicos e doces, ademais de medio centenar de postos de polbo distribuídos por toda a superficie feiral.
O espazo acolle, ademais, actuacións musicais e degustacións gastronómicas locais.
Monterroso é, en definitiva, unha visita obrigada para calquera persoa interesada na cultura e tradicións de Galicia.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.