FESTA DA PESCADA DO PINCHO DE CELEIRO

Festas de interese turístico
1475
Datas de celebración: 15/07 - 15/07

Localización

Parroquia: Celeiro (Santiago)

Lugar: Celeiro

27270  Viveiro - Lugo

Coordenadas:
43º 40' 36.9" N - 7º 35' 44.6" W

Descrición

Máis do 50 por cento das capturas que chegan ao porto pesqueiro de Celeiro, un dos máis importantes de Galicia, son de pescada, polo que non é de estrañar que este produto sexa o protagonista dunha festa gastronómica que recibe a milleiros de visitantes a fin de semana anterior ao 25 de xullo.
Dende finais dos 90, a lonxa vella do porto acolle a degustación deste exquisito peixe branco pescado de xeito tradicional ao anzol. Máis de 2.000 racións repártense nesta importante cita gastronómica da Mariña Occidental, na que non falta a música e a tradicional queimada.
A pescada pode degustarse en suculentas preparacións como a especial “Penalba”, á galega, en caldeirada ou en prebe verde, ademais de en empanada.
A asociación Penalba é a encargada de organizar a festa, na que colaboran a Confraría de Pescadores e o Concello de Viveiro. A pescada do pincho de Celeiro incorporouse no ano 2003 á denominación Galicia Calidade, converténdose así no primeiro produto fresco do mar amparado en España por unha marca de garantía.

Destacado: A pescada especial “Penalba”.
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba