Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: FESTA DO LACÓN CON GRELOS&body=Recoméndoche que leas a información FESTA DO LACÓN CON GRELOS extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/fi-po-000026/festa-do-lacon-con-grelos?ctre=261%26langId=gl_ES%26tp=97
A vila de Cuntis celebra unha festa que combina a exaltación da gastronomía típica do inverno cos últimos días do Entroido, que nesta localidade pontevedresa simboliza o Enterro do Chapante.
A Festa do Lacón con Grelos de Cuntis é por iso algo máis que a posta en valor dun produto gastronómico, o lacón, galego por excelencia, que procede das extremidades dianteiras do porco. Desde os seus inicios, en 1998, serve para promocionar o seu rico patrimonio cultural e natural.
Deste xeito, desde hai uns anos contribúe á recuperación da tradición do Enterro do Chapante, sobrenome que reciben na comarca os orixinarios de Cuntis. Ao igual que os enterros da sardiña, a comitiva fúnebre chora a morte dunha personaxe, o chapante, que se queima ao final.
Así que, ademais de poder degustar o saboroso e nutritivo lacón con grelos (outro ingrediente básico da cociña tradicional galega), acompañado polas non menos tradicionais filloas (igualmente típicas nestas datas), na Festa do Lacón con grelos de Cuntis gózase do ambiente propio do Entroido, que adoita incluír unha representación do Alto dos Xenerais da Ulla.
A Praza da Constitución é o centro neurálxico da festa. Baixo unha carpa sérvense milleiros de racións de lacón con grelos e filloas elaboradas ao modo tradicional. Exposicións e obradoiros promocionan a historia deste prato e o seu vínculo co Entroido, así como outras manifestacións culturais da localidade, como é o cultivo das camelias, que nesta época do ano amosan a súa mellor cara.
Destacado: Enterro do chapante.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.