FARO SILLEIRO

Civil
6393
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Baredo (Santa María)

36309  Baiona - Pontevedra

Coordenadas:
42º 06' 16.5" N - 8º 53' 46.7" W

Descrición

En 1866 inaugurouse o primeiro Faro Silleiro, situado no Cabo Silleiro, ao nivel do mar. O primeiro combustible que utilizou foi unha lámpada de mecha de aceite vexetal e en 1909 pasou a funcionar cunha lámpada de petróleo. En agosto de 1924 inaugurouse o novo edificio que albergaría o faro a 85 m. no alto da montaña, tal e como o vemos na actualidade. Este edificio tén pranta rectangular e na súa fachada oeste está a torre do faro, que dende 1960 tén unha lámpada de 3000 w. que se pode ver a 40 millas se o tempo está despexado. Ademáis da serea ten un emisor eléctrico de 200 millas de alcance. Hoxe é un dos puntos principais de orientación dos navíos que surcan as augas.

O faro, propiedade da Autoridade Portuaria de Vigo, non é visitable pero merece a pena achegarse e visitar o seu entorno.

Acceso

Dende o centro de Baiona hai unha estrada que leva a Baredo e a 5 km está o desvío que leva ó mirador.
Accesibilidade: ás inmediacións en coche, autobús ou a pé. Ó recurso a pé.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!