CASA DE CORREOS Y TELÉGRAFOS DE VIGO

Civil
1369
No Camiño de Santiago

Localización

Praza de Compostela, esquina con rúa Reconquista 2

36201  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 19.9" N - 8º 43' 23.9" W

Descrición

Edificio proxectado en 1920 por Manuel Gómez Román. É unha construción sinxela, cunha planta baixa, tres altas e unha torre sobre o chafrán. Ten grandes ventás que comprenden dúas plantas e están separadas por pilastras. A entrada do edificio está situada no chafrán e enmárcase entre un arco de medio punto e os símbolos representativos de correos. Sobre estes dispóñense dous corpos laterais con tres grandes vans e no último piso unha cornixa e un ático cun óculo. Foi construído polo contratista Vicente Calderón e é dun sobrio clasicismo con mínima decoración.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba