IGREXA E CONVENTO DE SANTO ANTONIO

Relixioso
2494

Localización

Parroquia: Ribadavia (San Domingos)

Lugar: Ribadavia

32400  Ribadavia - Ourense

Coordenadas:
42º 17' 24.0" N - 8º 08' 29.0" W
+34 988 470 154

Descrición

O lugar que ocupa actualmente o convento franciscano de Ribadavia recibía antigamente o nome de Santiago de Alén, por mor da capela ou igrexa medieval, albergue ou hospital de peregrinos do que nos falan os documentos do século XIII.
No ano 1380 a orde dos terciarios situouse na ermida de Santa Marta, fundando unha granxa e un convento, ata 1585, ano en que mercan o terreo onde hoxe se atopa o convento.
O templo conventual comezouse en 1605 e rematouse no ano 1610; nel destaca a súa torre barroca con balconciño. No seu interior, que presenta bóveda de cruzaría, destaca tamén o altar churrigueresco. Conserva parte do coro antigo oxival (1471-1480) da catedral de Ourense.
Do convento anexo, dividido entre varios propietarios, consérvase o claustro dos séculos XVII-XVIII. Conserva o portalón de entrada, de medio punto, e a escaleira que formaban parte do antigo convento situado en Santa Marta no século XIII. A comezos do XIX converteuse na terceira comunidade en importancia entre os conventos franciscanos de Galicia. No ano 1835 tivo lugar a exclaustración ata que, o 26 de abril de 1915, retornaron de novo os franciscanos. Os derradeiros frades marcharon a finais do XX. Actualmente non hai comunidade e a igrexa abre para misas os domingos e festivos.

Acceso

Na mesma vila de Ribadavia, a carón da ponte de San Francisco. A 50 metros do centro histórico.

Estilos

Barroco

Orden Relixiosa

Franciscanos
Arriba