IGREXA PARROQUIAL DE SANTIAGO DE TRABA

Relixioso
2748

Localización

Parroquia: Traba (Santiago)

Lugar: O Carballal

15117  Laxe - A Coruña

Coordenadas:
43º 10' 51.9" N - 9º 02' 06.0" W

Descrición

O adro parroquial da Igrexa de Santiago de Traba atópase nun lugar solitario, sen vivendas ó seu arredor. A orientación do templo, de base estrutural románica, é a tradicional, con cabeceira cara ó leste e fachada mirando ó oeste. A súa planta é de cruz latina. 
A fachada principal do templo sufriu en 1716 a última reforma, e crese tamén que nese ano tivo lugar a construción do retablo pétreo barroco que abarca toda a parte central. Neste retablo de 5 metros de altura que segue o clásico esquema pentagonal pódense apreciar as seguintes imaxes: a figura ecuestre de Santiago Matamouros presidindo a entrada e sobre ela a imaxe pétrea dunha Virxe franqueada por dúas sereas. Enriba do conxunto un relevo que representa ó “Pai Eterno”. Na parte inferior dereita a figura de Eva e enriba a de San Francisco. Na parte inferior esquerda a figura de Adán e enriba a de San Pedro. 
No muro testeiro da Capela Maior destaca un antigo retablo de madeira de estilo barroco-rococó  realizado entre 1767 e 1768, coa imaxe, entre outras, do patrón do templo: “Santiago Peregrino”. No exterior da igrexa están situados unha casa de fábrica e o cemiterio. A igrexa foi declarada Ben de Interese Cultural de Galicia, con categoría de Monumento polo Decreto 37/1995 do 27/01/1995 (DOG  núm. 27 do 08.02.1995 | BOE núm. 51 do 01.03.1995). 

Acceso

Situados en Laxe, tomar a estrada AC-433 Laxe-Ponte do Porto. Ó pasar o desvío á estrada AC-434 tomar a primeira estrada á dereita, en dirección ó Espazo Natural de Traba, hasta chegar á Igrexa situada á esquerda. 

Estilos

Románico

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba