IGREXA DE SAN PEDRO FÉLIX DE BRUÉS

Relixioso
185

Localización

Parroquia: Brués (San Fiz)

Lugar: Brués

Rúa: Sta. Isabel

32521  Boborás - Ourense

Coordenadas:
42º 27' 03.4" N - 8º 09' 10.8" W

Descrición

No momento de adentrarse nesta igrexa, comezada a construír no século XVIII, poderá observar que consta dunha nave principal, Presbiterio cuadrangular e dúas capelas laterais adosadas. Unha destas amosa unha inscrición no arco que posiblemente nos referencia o ano de realización, 1816.
Aparte dos pináculos típicos barrocos que se sitúan nos ángulos do presbiterio, a totalidade da decoración que amosa esta igrexa concéntrase na fachada principal da mesma que se compón dunha portada con lintel de liñas xeométricas que remata nunha especie de frontón que culmina nunha espadana dobre con remate triangular e pináculos con bólas nos seus respectivos vértices.
Do seu interior, destacar o releve de San Pedro “ad vincula”, posiblemente obra de Rosendo Álvarez de Velasco aló polos anos 1648-1649.
Arriba