IGREXA DE SAN MARTIÑO DE PAZÓ

Relixioso
1461
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Martiño de Pazó (San Martiño)

32665  Allariz - Ourense

Coordenadas:
42º 10' 27.9" N - 7º 49' 53.9" W

Descrición

Igrexa de estilo prerrománico. Cenobio dos tempos de San Rosendo.

A igrexa é de nave única, conservando os paramentos e os vans laterais orixinais. A capela maior e a súa fachada occidental corresponden a reformas posteriores, aínda que quedan restos dunha ventá de arco de ferradura na actual fachada principal. Orixinalmente a entrada efectuábase pola porta norte para os fieis, sendo a portada sur a que comunicaba coas dependencias dos monxes. As portas son un claro exemplo de arte mozárabe, compostas con arcos de ferradura enmarcados con alfiz, causa da notable influencia islámica.

Declarada Monumento Histórico-Artístico en 1931.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba