PRAZA DAS PRATERÍAS

Civil
2909
No Camiño de Santiago

Localización

Praza de Praterías

15704  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 47.9" N - 8º 32' 39.4" W

Descrición

O seu nome débese aos gremios medievais de prateiros e aínda hoxe existen nela numerosos establecementos de xoiería. É exemplo do urbanismo barroco; dividida en dúas alturas unidas por unha gran escalinata, obra de Simón Rodríguez e centrada posteriormente pola Fonte dos Cabalos (1829) que levan a Arca Marmórica. Os edificios nobres que a circundan contribúen ao efectismo teatral do contorno. Ascendendo atópase a fachada sur da catedral, coa única porta románica que se conserva e, ao seu lado, a Torre do Reloxo ou Berenguela. Cerrando a outra fronte está a Casa do Cabildo que con só tres metros de fondo ten unha función puramente escenográfica.

Acceso

Na zona monumental.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!