TEATRO GARCÍA BARBÓN

Civil
2152
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Policarpo Sanz 13

36201  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 16.2" N - 8º 43' 24.2" W

Descrición

O Teatro García Barbón, antigo teatro Rosalía de Castro, encargado por Don José García Barbón, e inaugurado no ano 1925, supón unha das maiores aportacións realizadas polo insigne arquitecto porriñés Antonio Palacios ao Patrimonio Histórico-Artístico da cidade de Vigo. Proxectado orixinalmente para albergar un gran Teatro, hoxe dá cabida a multitude de dependencias que enriquecen notablemente o panorama cultural olívico. Xunto a pasados tratamentos de corte clásico esta inmensa obra presenta aspectos de gran interese, tanto no eido estrutural coma no funcional e qué dicir no estético, cun tratamento da fachada impregnado totalmente da singular personalidade compositiva Palaciana.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba