CAPELA DE SAN ROQUE E SAN ANTONIO

Relixioso
1211

Localización

Parroquia: Torás (Santa María)

Lugar: As Torres de Cillobre

15145  A Laracha - A Coruña

Coordenadas:
43º 14' 48.9" N - 8º 34' 27.9" W

Descrición

Pertenceu ás antigas Torres de Cillobre. O seu escudo, escrito nun frontón curvo, recolle baixo a coroa marquesanal as armas dos Bolaño, Moscoso e Ribadeneyra, entre outros.

É unha capela de pequenas dimensións que consta dunha planta de salón, unha única nave e ábsida rectangular.

Na fachada destaca a porta central, cun arco de medio punto formado por grosas pedras de cantería, rompendo coa sobriedade e ausencia de decoración dos seus muros, xunto coas tres pequenas troneiras situadas na cabeceira.
Arriba