CAPELA DE FORMIGUEIRO

Relixioso
1540
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Trasalba (San Pedro)

Lugar: O Formigueiro 8

32170  Amoeiro - Ourense

Coordenadas:
42º 23' 04.1" N - 7º 58' 15.4" W

Descrición

Pequena capela de cachotaría de pequenas dimensións e unha única nave de planta rectangular un tanto irregular. Conta con espadana e cunha fermosa lousa de orixe castrexa na súa fachada que mostra un xinete a cabalo entre unha reata destes animais. Esta pedra foi achada cando se volteou a mesa que facía as funcións de altar ó realizar unhas obras de remodelación en 1988. O mencionado xinete constitúe actualmente a identidade corporativa do Concello de Amoeiro. A poucos metros da súa porta de acceso pode apreciarse un enterramento antropomorfo nunha rocha, probablemente do S. X, o que nos pode aproximar á datación desta pequena capela. Entre o seu mobiliario destacan: un retablo en madeira de estilo rococó, dúas esculturas en madeira da Virxe do Leite –unha de estilo gótico e outra do S. XVI- e unha escultura en madeira de San Sebastián.

Acceso

Dende Amoeiro tomamos dirección a Parada de Amoeiro (3 km) para un cruce á man esquerda en dirección a Trasalba. Tomada esta vía a uns 2 km veremos un indicador á dereita que nos levará directamente por unha estrada estreita ata o centro do lugar de O Formigueiro, onde pode estacionarse o vehículo. A uns 20m, baixando por unha rúa estreita entre dúas casas podemos atopar a capela.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba