CRUCEIRO DE VAO

Etnográfico
863
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Boiro (Santa Baia)

Lugar: Cruceiro de Vao

15930  Boiro - A Coruña

Coordenadas:
42º 38' 59.7" N - 8º 52' 57.8" W

Descrición

Realizado en granito. Posúe cruz circular, leñosa con nós, coas figuras de Cristo crucificado, con tres cravos, inclinando a cabeza cara á dereita, sinalando co índice de ambas as dúas mans, coroa de espiñas, pano de pureza suxeito cunha corda, INRI (pergameo), e no reverso a Virxe en actitude de orar, coas mans en cruz sobre o peito e sobre peaña dun anxo; capitel cuadrangular con astrágalo cuadrangular, liso, con volutas e con ábaco, lados curvos, vértices achafranados; fuste octogonal, con pedestal cuadrangular; base cuadrangular, coa inscrición... 1.746...; plataforma cuadrangular dun grao.

Acceso

Na mesma vila de Boiro.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba