MUSEO SANTIAGO REY FERNÁNDEZ-LATORRE

Museos e coleccións
1023

Localización

Parroquia: Arteixo (Santiago)

Lugar: Arteixo

Avenida de la Prensa 84-85

15142  Arteixo - A Coruña

Coordenadas:
43º 19' 14.0" N - 8º 30' 14.5" W

Descrición

Museo situado na sede central da Corporación Voz de Galicia, no polígono de Arteixo. Trátase dunha instalación única no seu xénero en todo o mundo, xa que recupera cabeceiras de todas as épocas da historia do periodismo e de todos os recunchos do planeta, con especial atención aos xornais editados en Galicia e pola comunidade galega na emigración. Os fondos superan os 5.000 exemplares dos que máis de 2.000 expóñense nunha sala de 1.200 m² e están todos dixitalizados para poder ser consultados. Ademais, pódese ver a antiga maquinaria de produción periodística. O museo foi inaugurado no 1998 polo Rei de España.

Tipos de servizos

Acceso a minusválidos
Aparcamento
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Data de recollida inicial: 31/03/2012
Arriba