O ALFAR, MUSEO DA OLERÍA DE BUÑO

Museos e coleccións visitables
4

Localización

Parroquia: Buño (Santo Estevo)

Lugar: Buño

Rúa: Ctra. Buño-Malpica - A Camposa

15111  Malpica de Bergantiños - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 22.8" N - 8º 46' 50.0" W

Descrición

Instalado no Centro Comarcal de Bergantiños, o museo O Alfar recolle unha viaxe polo proceso de elaboración dunha peza da olería de Buño, principal centro de produción artesanal de cerámica de Galicia, desde a extracción ata a súa posta no mercado. A través de audiovisuais, paneis informativos, útiles e ferramentas, o visitante pode achegarse a este ancestral oficio. Así mesmo, pódese apreciar unha boa colección das pezas tradicionais do Catálogo da Olería de Buño, xunto cunha mostra actualizada da produción dos obradoiros e artesáns activos.

Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Arriba