mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: HOTEL O CABAZO&body=Recoméndoche que leas a información HOTEL O CABAZO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/11590/hotel-o-cabazo?langId=gl_ES
Rúa do Amalló 1
27700 Ribadeo - Lugo
Contacto para reservas
O Cabazo é un hotel de 3 estrelas superior que conta con 42 cuartos, ubicado no concello de Ribadeo. As súas marabillosas vistas sobre a ría e as montañas, así como os seus exteriores axardinados, permitiranlle disfrutar en primeira persoa da natureza en estado puro.
Dende o ano 2013 conta co certificado da " Q de Calidade Turística", casí como co selo "Stay Safe" outorgado en xuño de 2020 polo Instituto de Calidade Turística que certifica a seguridade e hixiene nas instalacións mediante os protolocolos adoptados contra a Covid-19.
Como servizos adicionais, ofrécese servizo de ceas exclusivo para clientes hospedados, baseado na gastronomía tradicional galega con productos da zona, así como almorzos personalizados. Igualmente, conta con servizo de cafetería disponible durante todo o día e terraza aberta en época estival.
Sen dúbida, Ribadeo é o destino ideal para poder descubrir a maxia da Mariña lucense, así como do occidente de Asturias.
Grao de Accesibilidade: Adaptado
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.