ÁREA DE CAMPING CAR ÁREA, PLAYA ARNELES

Áreas de Autocaravanas
405

Localización

Parroquia: O Hío (Santo André)

Lugar: Vilanova

Estrada Viso-Vilanova

36948  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 16' 34.6" N - 8º 50' 02.1" W

Descrición

Área Privada de autocaravanas situada enriba da Praia de Arneles, parroquia de Hio no municipio de Cangas, nesta primeira fase conta con 30 parcelas para autocaravanas e campers, dispón ademais de baños, ducha, vertedeiro e un servizo de bar con terraza. A 300 m hai un supermercado con servizo a domicilio.

Acceso

Polo corredor do Morrazo, na rotonda, tomamos a 2ª saída pola VG-4.6, PO-315 dirección Cangas, Moaña e continuamos 2 km; non tomamos un primeiro cruzamento que indica O Hio, seguimos recto, sobre uns 500 m e tomaremos o seguinte cruzamento á dereita que ademais de indicar O Hio, indica Cruceiro de Hio e CÁMPING-CAR AREA, continuamos por esta estrada, 1,9 km. ata encontrar a entrada á área a man dereita.

Clasificación

Áreas privadas

Servizos de Autocaravanas

Auga potable
Duchas
Posibilidade de pernocta
Vaciado de augas grises
Vaciado de augas negras
WC público
Arriba
Axúdanos a mellorar!