Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
Constrúe a túa viaxe
Información práctica
Chegarás a Santiago, despois de seis días camiñando por bosques e camiños, e tras pasar por localidades cargadas de historia. Merecerá a pena dedicar uns días da túa vida a facer o Camiño.
Coa mente posta xa na meta arrincarás desde Pedrouzo a última etapa do Camiño Francés. Desde o Monte do Gozo poderás contemplar por primeira vez unha extraordinaria panorámica de Santiago de Compostela. Será unha xornada chea de sentimentos e emocións.
O primeiro núcleo con servizos é Salceda, despois, un paso permíteche acceder ao Alto de Santa Irene. Ao finalizar o descenso, atópase a pequena aldea co mesmo nome. A unha media hora de camiño atópanse os pobos de Rúa e Pedrouzo.
Atravesarás Melide, localidade famosa polo seu polbo, e de parada obrigatoria para o peregrino. Antes de chegar a Arzúa atópase o bucólico paraxe de Ribadiso da Baixo, que conta cun dos albergues máis espectaculares do Camiño. É un lugar estupendo para descansar un intre á sombra antes de facer o 3 km que quedan até Arzúa.
Atoparaste con múltiples signos que indican que estás en zona de peregrinación, como os famosos cruceiros. Pouco antes de chegar a Palas de Rei atravesarás un bosque con moita vexetación, moi verde, un lugar onde pararse a contemplar a beleza que te envolve.
Esta etapa ofrece innumerables aldeas, bos exemplos do románico, pistas veciñais asfaltadas, sendas e corredoiras rurais, pontes medievais e pasarelas rústicas.
Sarria é unha localidade moi importante no Camiño de Santiago, é aquí onde comezarás o camiño a pé para realizar o mínimo de quilómetros que che esixen para recibir a Compostela.
SERVIZOS INCLUÍDOS
SERVIZOS OPCIONAIS
Saídas posibles: a diario
Mín. participantes: 1
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración