ÁREA RECREATIVA MUIÑOS DA FURADA

Áreas de recreo e miradoiros
1457

Localización

Parroquia: Mañón (Santa María)

15339  Mañón - A Coruña

Coordenadas:
43º 40' 31.6" N - 7º 42' 32.5" W

Descrición

Área de recreo situada nun ámbito forestal, nas inmediacións do río Sor, nun espazo natural de singulares características ecolóxicas, densa vexetación de piñeiros, eucaliptos, carballos e "ameneiros" que acolle ao visitante. Posibilidade de pesca (troita, reo); atópase nun tramo do couto de pesca do río Sor.

Accédese por unha ponte colgante. Con presenza dun antigo muíño de auga de planta rectangular, paredes de cachotería e estrutura de madeira que sustenta a cuberta. Elemento tradicional, recuperado e destinado a refuxio de pescadores. Bo equipamento, en perfecta harmonía co medio natural. Visita obrigada como primeiro punto de contacto coa natureza, para posteriormente continuar a xornada lúdica co paseo a beiras do Sor, observando as fermosas paisaxes, ata a área recreativa de Ulló.

Actividades

Pesca
Arriba
Axúdanos a mellorar!