PASEO DOS LEÓNS

Áreas de recreo e miradoiros
182
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Paseo dos Leóns

15705  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 42.3" N - 8º 32' 54.4" W

Descrición

Santiago de Compostela é unha cidade extraordinaria por moitos motivos, sendo o Paseo dos Leóns, ubicado na Alameda compostelá, o lugar que nos ofrece unha das mellores vistas do seu casco histórico.
O conxunto conformado pola súa Catedral, obxectivo último dos miles de peregrinos que cada ano chegan a Galicia e o seu centro histórico, foi declarado Patrimonio da Humanidade no ano 1985. Ambos poden ser contemplados directamente, nunha estampa única, dende o Paseo dos Leóns.
A Alameda é un dos grandes espazos verdes dunha cidade que destaca pola súa rede de parques. Os terreos foron doados á poboación polo conde de Altamira no século XVI, e rematou converténdose co tempo en lugar de referencia para residentes e visitantes. A zona da Carballeira coroada na parte alta pola capela de santa Susana, ocupa a maior parte da súa superficie, e é o lugar no que se celebraba a antiga e multitudinaria feira do gando.
No 1885 dúas grandes figuras escultóricas con forma de león foron trasladadas dende a Porta Faxeira, sendo colocadas na entrada do Paseo da Ferradura, percorrido semicircular que bordea a Alameda. Dende entón, este tramo recibe a denominación de Paseo dos Leóns.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Vía da Prata
Arriba