MIRADOIRO DE BOQUEIRIÑO

Áreas de recreo e miradoiros
1865
Calidade Turística

Localización

Parroquia: Bolmente (Santa María)

Lugar: Vales

27425  Sober - Lugo

Coordenadas:
42º 24' 13.9" N - 7º 35' 46.3" W

Descrición

A uns 3Km de distancia do miradoiro de Cividade atópase este miradoiro que se coñecía como Cotarro I ao que se accede mediante un pequeno ascenso de pista en terra que termina nunha plataforma con balconada que é o propio miradoiro. Se vimos do miradoiro de Cividade o acceso é por pista de terra pero se o facemos desde a estrada que procede de Bolmente esta está asfaltada. 
Desde este miradoiro situado enfronte do Mosteiro Santa Cristina de Ribas de Sil (Parada de Sil– Ourense) observamos a incrible situación destes antigos cenobios. Ademais da panorámica do mosteiro e do bosque que o rodea, gozaremos tamén dunha boa vista dun amplo tramo do Canón e das súas paredes de roca case verticais.  A distancia entre os miradoiros de Cividade e Boqueiriño (3Km aprox.) fan que sexa unha boa opción como roteiro de sendeirismo para gozar da flora e fauna da zona, ademais moi preto do miradoiro de Boqueiriño atópase situado un observatorio de aves ao final do carreiro.
Arriba