ESTACA DE BARES

Espazos naturais
2575

Localización

A Coruña

Mañón | Ortigueira

Coordenadas:
43º 47' 09.3" N - 7º 41' 03.0" W

Descrición

A ollada do norte
Latitude 43° 47′ 23.6″ N, lonxitude 7° 41′ 17.9″ W. Na carta de presentación da punta Estaca de Bares sempre se inclúen as súas coordenadas como punto máis setentrional da península Ibérica e, ademais, divisoria xeográfica entre o océano Atlántico e o mar Cantábrico. Este enclave xa fora declarado Sitio Natural de Interese Nacional nos tempos da II República.
A esta situación estratéxica debe gran parte da súa sona internacional como paso obrigado para centos de miles de aves. A este punto conducen varias rutas migratorias de especies mariñas e terrestres procedentes do Atlántico, o Mediterráneo e o Ártico. As valoracións máis optimistas acadan cifras que exceden os dous millóns e medio de exemplares voando cara ao oeste os que por aquí pasan. É o lugar ideal para observar non só aves como, por exemplo, o mascato, senón tamén cetáceos en augas próximas.
Ademais do faro, existe un miradoiro no antigo semáforo da mariña, convertido na actualidade nun hotel de natureza. Desde alí podemos ver os restos da base de control marítimo colgada sobre os cantís a carón da cal se pendura en vertixe unha sucesión demuíños que forman un conxunto que nos trae imaxes de terra máis ao norte. Con todo a intervención humana máis antiga é o peirao prerromano de Bares (Mañón).

O espazo protexido abrangue tamén a costa de Loiba (Ortigueira) cuxos xigantes cantís protexen algunha das praias máis solitarias de Galicia debido ao seu difícil acceso. A forza do mar explica o curioso sistema de amarre das lanchas que nesta zona se sosteñen nas ladeiras por roldanas para evitar que as leve a preamar.
Moi próximo ao espazo protexido paga a pena achegarnos á vila mariñeira do Porto do Barqueiro e á estampa idílica do río Sor na súa desembocadura.

Acceso

Pola estrada AC-862 (Ferrol-Viveiro) ata a ría do Barqueiro e desvío cara ao porto de Bares, pola AC-100.

Situación

Extremo norte da provincia da Coruña, concellos de Ortigueira e Mañón.

Superficie

935,79 ha.

Servizos

Aloxamento: Si.
Comer: Si.

Outras características

Avistamento de paxaros
Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000
Arriba