SOUTO DE ROZABALES

Espazos naturais
815

Localización

Manzaneda - Ourense

Coordenadas:
42º 18' 34.7" N - 7º 14' 43.0" W

Descrición

Mil outonos
Cando o descubrimento de América, disque algún destes castiñeiros do lugar Rozabales, na parroquia de San Martiño de Arriba (Manzaneda), era varias veces centenario. Entre eles salienta o castiñeiro de Pumbariños, cuxo perímetro acada os 12,15 metros.
Trátase dun exemplar enxertado, como a maioría dos seus venerables compañeiros. Estamos diante dun espazo natural de orixe artificial e explotado secularmente en equilibrio coa natureza. Pumbariños segue a pingar outono a outono o seu froito doce, como cando a castaña era tan necesaria para a mantenza antes da chegada da pataca do novo continente.
O souto é un ecosistema altamente valioso, non só para a explotación humana de madeira e castaña. Ao pé do tronco colocáronse bancos para observalo como unha obra de arte e acompañalo ao ritmo das estacións. Coa paciencia e discreción poderemos observar a gran cantidade de aves silvestres que dependen do souto.

Acceso

Desde A Pobra de Trives, na estrada Ourense-A Rúa OU-536, desvío local cara á aldea de Rozabales en dirección a Manzaneda.

Situación

Na comarca das Terras de Trives, concello de Manzaneda (Ourense).

Superficie

1,80 ha.

Servizos

Aloxamento e comida enManzaneda e A Pobra de Trives.

Tamén che pode interesar

Arriba