Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 162 RUTA DA RIBEIRA SACRA DO MIÑO&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 162 RUTA DA RIBEIRA SACRA DO MIÑO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/170525000684/pr-g-162-ruta-da-ribeira-sacra-do-mino?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
Estamos nun dos sendeiros de pequeno percorrido máis esixentes de Galicia, con 37 km e continuos desniveis. Está deseñado para ser realizado comodamente en dúas ou máis etapas, xa que hai que contar cunhas 12 horas de camiñada por unha das mellores rutas do país.
A ruta permitiranos sentir a Ribeira Sacra seguindo a conca do río Miño dende Santo Estevo de Ribas de Miño (O Saviñao) ata o lugar de Cima de Atán (Pantón). Divisaremos paisaxes que nos farán enmudecer, aldeas solitarias como Bexán, A Pena, Millarada ou Marce, rodeadas polos viñedos da D.O. Ribeira Sacra e soutos de castiñeiros centenarios. Os templos románicos de Santo Estevo de Ribas de Miño, San Paio de Diomondi e San Martiño da Cova, así como as ermidas e os castros encherán de contido histórico e artístico esta ruta. Unha pequena mostra de porqué este territorio é candidato a ser declarado como Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
O trazado é lineal con continuas subidas aos montes e descensos ata o río Miño. Transitaremos por calzadas romanas marcadas polas rodas dos carros, como o camiño de Diomondi a Belesar que logo seguía a Santiago de Compostela. Tamén por estreitas vereas entre os viñedos cheos de detalles que a viticultura extrema forxou no tempo. A diversidade de cores será unha delicia visual que alcanza a súa plenitude en outono, ademais a agradable temperatura da que goza esta zona faina ideal para ser percorrida nos meses máis frescos.
En definitiva, unha experiencia completa para gozar dunha das zonas de maior beleza de Galicia.
Concello do Saviñao
Tel.: 982 452 061
www.concellodosavinao.com
Asociación Veciñal do Saviñao
asociacionvecinaldosavinao@gmail.com
www.aavvdosavinhao.org
Concello de Pantón
Tel.: 982 456 005
turismopanton@hotmail.com
www.concellodepanton.es
Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.