Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 160 RUTA DA DESEMBOCADURA DO MIÑO&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 160 RUTA DA DESEMBOCADURA DO MIÑO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/170525000685/pr-g-160-ruta-da-desembocadura-do-mino?langId=gl_ES
No extremo suroeste de Galicia, onde o río Miño desemboca, existe unha interesante zona con destacados valores naturais e paisaxísticos catalogada como L.I.C. Baixo Miño e Z.E.P.A. Esteiro do Miño. O sendeiro percorre este espazo acompañando ao río Miño nos seus últimos quilómetros antes de despedirse no mar. Un agradable percorrido completamente chan que atravesa xuncais, rochas e belas praias por unha senda perfectamente acondicionada.
Comeza xunto á Igrexa parroquial de San Lorenzo de Salcidos, dende aquí diríxese cara ao río pola extensa planicie que se forma nesta zona, para logo atravesar un xuncal con máxima cautela e así poder contemplar as aves dende a torre de observación ornitolóxica. Pasaremos polo Lugar da Pasaxe, un lugar con moita historia, xa que foi e segue a ser punto de conexión marítima cos veciños portugueses, no que destaca o magnífico edificio da escola dos Xesuítas.
A metade do camiño cambiaremos o río polo mar, veremos O Forte da Ínsua, unha espectacular fortificación portuguesa erixida en medio da desembocadura onde as augas do río e do mar chocan con maior violencia.
Continuando o camiño atravesaremos unha ampla zona rochosa que a forza das olas fragmenta converténdoa en multitude de cantos rodados; tamén podemos observar unha pila de pedra utilizada antigamente para extraer o sal da auga de mar. Neste tramo o trazado presenta dúas alternativas á ruta principal por sendas variantes que discorren algo máis afastadas da costa e que permiten facer unha parte do retorno por camiños distintos.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.