Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 156 COSTA DO VICEDO&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 156 COSTA DO VICEDO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/170526000694/pr-g-156-costa-do-vicedo?ctre=23%26langId=gl_ES%26tp=6
Atopámonos no sendeiro homologado situado máis ao norte de Galicia que nos permitirá admirar a beleza da costa de Lugo dende a Ría do Barqueiro e o Cabo de Estaca de Bares ata a praia de San Román. A senda comeza no porto da vila do Vicedo, percorre a costa pasando por praias asombrosas e acantilados de centos de metros ata chegar ao areal de San Román, onde poderemos descansar observando aves que se refuxian neste magnífico lugar. Pero o punto culminante do percorrido atópase no miradoiro de Illa Coelleira e a asombrosa vista deste pequeno illote no que existiu un mosteiro templario.
O trazado é lineal, discorre por camiños e pistas forestais ben acondicionadas que permiten o percorrido en bicicleta ou a cabalo, en moitos lugares rozando acantilados de vertixe.
Non presenta desniveis e hai lugares acondicionados para descansar que o fan apto para calquera sendeirista. Conta ademais con dúas derivacións: a primeira levaranos ata a igrexa de Santo Estevo do Vicedo e a segunda, ao final da ruta, levaranos ata o miradoiro da Cruz de Baltar.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.