PR-G 156 COSTA DO VICEDO

Sendeirismo
4013

Localización

O Vicedo - Lugo

Coordenadas:
43º 44' 20.5" N - 7º 40' 30.7" W
43º 42' 58.5" N - 7º 37' 24.7" W

Descrición

Atopámonos no sendeiro homologado situado máis ao norte de Galicia que nos permitirá admirar a beleza da costa de Lugo dende a Ría do Barqueiro e o Cabo de Estaca de Bares ata a praia de San Román. A senda comeza no porto da vila do Vicedo, percorre a costa pasando por praias asombrosas e acantilados de centos de metros ata chegar ao areal de San Román, onde poderemos descansar observando aves que se refuxian neste magnífico lugar. Pero o punto culminante do percorrido atópase no miradoiro de Illa Coelleira e a asombrosa vista deste pequeno illote no que existiu un mosteiro templario.

O trazado é lineal, discorre por camiños e pistas forestais ben acondicionadas que permiten o percorrido en bicicleta ou a cabalo, en moitos lugares rozando acantilados de vertixe.

Non presenta desniveis e hai lugares acondicionados para descansar que o fan apto para calquera sendeirista.  Conta ademais con dúas derivacións: a primeira levaranos ata a igrexa de Santo Estevo do Vicedo e a segunda, ao final da ruta, levaranos ata o miradoiro da Cruz de Baltar.

Acceso

Na vila do Vicedo chegar ata o porto. O panel do inicio do sendeiro atópase ao comezo do espigón.

Lonxitude

13 km. A ruta principal mide 11 km e as derivacións de ida e volta 1,5 km e 500 m respectivamente.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Praia de San Román (Concello do Vicedo) - UTM 29T X:610886 Y:4841285
Punto de partida: Porto do Vicedo - UTM 29T X:606672 Y:4843733

Percorrido

Porto do Vicedo, Praia do Vidreiro, Praia do Caolín, Lugar de Baltar, Praia de Xilloi, Miradoiro de IIla Coelleira, Praia de San Román ou Area Grande.

Dificultade

Media - Baixa

Duración

2 horas e 40 minutos.

Material

Prismáticos para a observación de aves.

Servizos

En O Vicedo.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

2-II Estaca de Bares e 2-IV Celeiro.

Máis información

Concello do Vicedo
Tel.: 982 590 029
concello@concellodovicedo.org
www.concellodovicedo.org

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese naturalista
Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba