CAPELA DE SAN XOÁN

Relixioso
543
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Araño (Santa Baia)

Lugar: A Ermida

15984  Rianxo - A Coruña

Coordenadas:
42º 42' 19.5" N - 8º 46' 12.3" W

Descrición

Fermosa capela de cachotería do século XVII, situada aos pés do val do río Té. A distribución é en dous corpos, con tellados a dúas augas. Preto da capela atópase o cruceiro de San Xoán, ata onde chega a procesión que se realiza cada 24 de xuño. 

Acceso

Dende a praza de Castelao saímos cara á rúa Rosalía de Castro e na rotonda collemos a segunda saída pola estrada DP-3301 cara a Taragoña. Continuamos pola DP-7201 e na seguinte rotonda tomamos a primeira saída pola DP-7202. No lugar do Pazo collemos un desvío á esquerda para seguir pola DP-7203 que nos leva a Taragoña. Alí xiramos á dereita pola AC-305 cara ao Araño. Xa nesta parroquia, despois de pasar polo lugar de Xens, collemos á esquerda (sinalización vertical de dirección Buía) e a uns 250 m volvemos virar á esquerda para seguir por esa vía, pasando o lugar do Rabado e virando á dereita máis adiante, onde se indica o desvío cara A Ermida, onde atoparemos a capela. 

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!