CAPELA DE SAN COSME

Relixioso
453
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Cernego (San Víctor)

Lugar: O Robledo

32348  Vilamartín de Valdeorras - Ourense

Coordenadas:
42º 27' 24.9" N - 7º 05' 08.9" W

Descrición

Capela de planta rectangular a partir de muros de cachotería recebados con morteiro de cemento e pintados de branco, cun pequeno soportal na súa fachada principal, revestida de lousa, que se prolonga sobre a espadana, cun só oco con campá e rematada nunha sinxela cruz.
Esta igrexa sitúase nunha contorna rural no lugar do Robledo, considerado un núcleo singular no que se poden observar as características típicas dos asentamentos tradicionais da zona: concentración de construcións con edificacións en medianeira, camiños de ancho reducido, edificacións executadas en cachotería de xisto e adobe, cuberta a dúas augas con remate de lousa sobre armazón de madeira e corredor como elemento permanente ligado ás vivendas.

Acceso

Saímos de Vilamartín pola rúa Iryda e tomamos o desvío á dereita cara á estrada do Mazo. No lugar do Mazo cruzamos a ponte sobre o río e continuamos á esquerda cara ao Robledo.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba