CAPELA DE PENOUTA

Relixioso
644
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Correxais (San Pedro)

Lugar: Penouta

32348  Vilamartín de Valdeorras - Ourense

Coordenadas:
42º 24' 25.0" N - 7º 03' 13.8" W

Descrición

Capela de planta rectangular con muros de cantería irregular na súa fachada principal e cachotería de xisto nos laterais. Porta de acceso con arco de medio punto e dúas ventás aos lados. Espadana de dous ocos, que acubillan senllas campás, rematada en frontón triangular cun oco. Na súa fronte, ocupando todo o ancho da pista que une as parroquias de Valencia do Sil e Arnado, presenta unha estrutura de madeira apoiada na fachada e dúas columnas de formigón que soportan unha cuberta.
Preto da capela sitúase o conxunto de adegas de Penouta, construcións populares dedicadas á elaboración e conservación do viño, tan típicas da zona.

Acceso

Saímos de Vilamartín pola estrada que leva a Arnado, paralela á beira do Sil. Pasada a ponte que cruza á outra beira tomamos o desvío á dereita e continuamos ata chegar ao lugar de Penouta.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba