IGREXA PARROQUIAL DE SAN XULIÁN

Relixioso
502
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Portela (San Xulián)

Lugar: A Portela

32348  Vilamartín de Valdeorras - Ourense

Coordenadas:
42º 26' 07.1" N - 7º 01' 48.7" W

Descrición

Construción de existencia datada no século XI -aínda que desa época só conserva parte da súa estrutura, que foi modificada- e de estilo románico, dedicada a san Xulián de Portela, santo coñecido como o “santo da androlla”. 
Igrexa de estrutura rectangular con presbiterio elevado e muros de cachotería, agás os marcos de portas e esquinais, que son de cantería de pedra vermella. Presenta ventás abucinadas estilizadas en fachadas para a iluminación, e destaca a porta de acceso principal con arco de medio punto. Ten cuberta a catro augas sobre o presbiterio e a dúas no resto. Na súa fachada oeste destaca unha gran torre troncopiramidal, aberta nas súas catro caras na parte superior, que aloxa unha campá e ten cuberta a catro augas, á cal se accede a través dunhas escaleiras pegadas á súa fachada sur.
A carón desta igrexa atópase a ponte sobre o río Farelos, de dous vans con senllos arcos rebaixados e executados en cachotería, con taboleiro horizontal e muriños nos seus bordos feitos de perpiaños.

Acceso

Saímos de Vilamartín pola N-120 e tomamos o desvío á esquerda cara a Arcos, deixamos atrás esta aldea e collemos á man esquerda a estrada que nos leva ata A Portela; tras atravesar este lugar continuamos ata a ponte sobre o río Farelos, a carón da cal se atopa a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba