IGREXA PARROQUIAL DE SANTO ANTONIO

Relixioso
387
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Miguel do Outeiro (Santo Antonio)

Lugar: San Miguel do Outeiro

32340  Vilamartín de Valdeorras - Ourense

Coordenadas:
42º 24' 23.2" N - 7º 04' 46.4" W

Descrición

Igrexa de planta rectangular e presbiterio elevado, a partir de muros de cachotería, recebados con morteiro de cemento, agás os marcos de portas e ventás, que son de cantería. Presenta ventás abucinadas e cuberta a catro augas no presbiterio e a dúas no resto con rematado de lousa. No extremo suroeste ten unha espadana de dous ocos, con arcos de medio punto, que aloxan senllas campás, rematado en frontón triangular e sinxela cruz de pedra.
No núcleo de San Miguel de Outeiro temos ademais numerosos exemplos de arquitectura civil en bo estado de conservación, como o pazo de Mínguez ou a casa das Palmeiras, entre outros, ademais dun conxunto de adegas á beira do regato de San Miguel.

Acceso

Saímos de Vilamartín pola antiga C-536 en dirección á Rúa e a 2,5 km chegamos a San Miguel de Outeiro.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba