IGREXA PARROQUIAL DE SAN BERNABÉ

Relixioso
443
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Valencia do Sil (San Bernabé)

Lugar: Valencia do Sil

32348  Vilamartín de Valdeorras - Ourense

Coordenadas:
42º 24' 10.4" N - 7º 04' 38.3" W

Descrición

Igrexa de planta rectangular con presbiterio elevado, muros de cantería de pedra vermella e cuberta a catro augas en presbiterio e a dúas no resto. Na súa fachada principal, porta de acceso con lintel integrado por doelas e apoiado en dous estribos e, por riba dela, espadana con dous ocos con remate de arco de medio punto e balconada metálica. No edificio atopamos unha mestura de estilos que permite supoñer varias modificacións.
Sitúase nas inmediacións da canle que abastece a central eléctrica.
Dentro do núcleo de Valencia do Sil existe tamén un conxunto de adegas, construcións con estrutura de planta baixa a partir de muros de cachotería sen lucir e cuberta de pendente única, como antesala das “covas”, escavadas no terreo, en pendente, o que favorece este tipo de construcións.

Acceso

Saímos de Vilamartín pola antiga C-536 en dirección a San Miguel de Outeiro, pasado este collemos o desvío á esquerda e cruzamos o encoro de Santiago ata chegar á outra beira do río, onde se atopa a localidade de Valencia do Sil.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba